
Tradicionalmente, no territorio da DO Ribeiro ten unha gran presenza e relevancia a figura do viticultor. Na actualidade hai uns 5.500 inscritos que, xunto a 115 adegas e colleiteiros, representan a estrutura produtiva da denominación. Cunhas 2.500 hectáreas de viñedo e unha produción media de 14 millóns de quilos de uva, Ribeiro é unha denominación de orixe caracterizada pola súa gran parcelación e diversificación. Un patrimonio vitivinícola que representa a esencia galega pola súa paisaxe, territorio e factor humano.