Descrición da adega

    O Cotarelo é unha pequena adega con producións de máxima calidade e viñedos de máis de 60 anos.

    Tanto a adega como os viñedos estiveron inactivos durante 4 anos. Ata que Benigno decidiu recuperalos e levar a cabo todo o proceso de elaboración do viño montando a súa propia adega. Este mozo colleitador levaba 10 anos traballando nunha viña e sabía moi ben como funcionaba este mundo.

    A colleita é 100% propia e a vendima faise de xeito artesanal, seleccionando sempre as mellores uvas para elaborar os seus viños de edición limitada.

    En total ten 2,5 hectáreas divididas en varias parcelas. Algunhas preto da adega (“Nosa Viña”, “Regueiras”,…) e outros noutros concellos (“Campo Redondo”, “O Carballo”, ...), pero todos dentro da zona da DO Ribeiro.

    Reduciu todos os pesticidas ao mínimo e está a pensar en pasarse a ecolóxico.

    O "corcho" que usa nas botellas está feito de cana de azucre reciclada para garantir que estea libre de TCA.

    A súa primeira vendima naceu en 2018, “O Cotarelo Branco”, feita a partir de castas autóctonas do Ribeiro, Treixadura, Godello, Loureira e Albariño; na última vendima acadaron unha produción de 15.000 botellas. E, de “O Cotarelo Tinto”, elaborado con Sousón e Brancellao, obtivo unha produción de 4.000 botellas na última vendima.

    En breve, lanzará dous novos viños no mercado: "Viña NeyDa", unha homenaxe aos seus fillos Nerea e Dani.; e, "O Cotarelo Barrica", xurdiu dunha idea arriscada pero innovadora. Será un viño de edición limitada cunha produción aproximada dunhas 600 botellas e será o primeiro 100% Ribeiro Albariño, envellecido en barricas de carballo francés sobre as súas propias lías.

    A calidade está presente en todo momento, tanto no traballo no campo como no proceso de produción realizado na adega. Os viños de O Cotarelo son o resultado dun traballo ben feito desde a orixe da terra ata o barril.

    Algúns dos seus premios son os seguintes:

    • Ouro Baco na vendima 2020 con “O Cotarelo Branco 2020”

    • Premio ao mellor viño tinto nos IX premios DO Ribeiro 2020, con O Cotarelo Tinto 2019.

    • Dentro da guía Peñín O Cotarelo Branco e O Cotarelo Tinto, 2019

    • 93,92 puntos na guía WineUp, “O Cotarelo Branco 2018”; manténdose entre os 10 mellores en relación calidade / prezo.

    • Gran Baco de Ouro Mellor marca nova na súa primeira vendima, con O Cotarelo Branco 2018.

    Denominación de orixe
    Ubicación
    Información de Contacto
    Ubicación
    Carro