Descrición da adega

    Adega de recente creación, fundada en 2017 polo "Colleiteiro" Javier Estévez Abeledo. Atópase no Val do Avia, en Beade. Ten unha estrutura moderna e dispón de tódalas comodidades para traballar, etiquetar e vender o seu viño.

    Javier cultiva as súas propias uvas, asegurando así que controla o proceso dende o principio. Non utiliza sulfatos sistémicos, herbicidas ou insecticidas. Consegue regular as cantidades de uva mediante tratamentos menos agresivos e respectando a súa máxima calidade. Todo isto dá lugar a uns viños diferentes, de fermentación espontánea e sempre de gran calidade.

    Conta con varias parcelas, cunha superficie total de viñedos de 1,5 Ha, situadas arredor da adega. Xoga nas súas diferentes parcelas coas altitudes, aproveitando a mellor xeografía do terreo e as súas orientacións.

    Cultiva tanto uvas brancas (Treixadura, Albariño, Godello, Lado e Torrontés), como tintas (Caíño Longo, Sousón, Brencellao e Ferrón).

    Aínda que a súa adega é nova, Javier sempre estivo relacionado co mundo do viño, xa que os seus pais o facían na casa e vendían tamén uvas a outras adegas. El mesmo é o encargado de facer todos os traballos (coidar as vides, vendima, embotellado,...), aínda que nas horas puntas pídelle axuda á súa familia.

    Realiza visitas á adega con cita previa.

    Algúns dos seus últimos premios son:

    • Medalla de Ouro no concurso “Challenge International Du Vin” 2021, con Cuvée UG 2019

    • Mellor Viño Tinto Colleiteiro 2021 na X Gala dos Premios DO Ribeiro, con Tinalla 2020

    • Mención Gallaecia 2021, con Cuvée UGH 2019

    • Mención Gallaecia 2019, con Tinalla

    • Gran Ouro na lista Paadin, da Guía de Viños Destilados de Galicia, con Mal Raio Te Parta.

    Denominación de orixe
    Ubicación
    Información de Contacto
    Ubicación
    Carro