Descrición da adega

    Esta adega é a culminación dun proxecto, un nome que se mantén na honra da súa fundadora Mª del Carmen Prado Ferreiro. Aínda que o seu viño se remonta a varias xeracións anteriores, é no 1990 cando comezan a súa expansión, sendo unha das adegas pioneiras na DO Ribeira Sacra.

    É unha adega de colleiteiro, todas as uvas son 100% propia da variedade Mencía, que se elaboran coas técnicas actuais sen perder o sentido tradicional do viño da zona, o que lles configura unha marca de personalidade que intentan manter en tódaslas añadas como selo de identidade. Orientado á calidade e non á cantidade, é unha empresa familiar adaptada aos sistemas de produción actuais, utilizando os mínimos tratamentos.

    Nun principio era unha adega para a produción dun viño tinto, aínda que o proxecto sufriu unha transformación ao que é hoxe, unha adega dentro da Denominación de Orixe Ribeira Sacra.

    Situada no sur da provincia de Lugo, na Galicia interior, elaboran o viño Romeo Domain e Don Xoán con uvas producidas na subzona de Amandi, nas ladeiras do río Sil en pequenos socalcos e de difícil acceso para o viticultor, onde a orografía impide a mecanización para realizar as tarefas de coidado da vide.

    Na actualidade é Isabel, a que toma as rendas desta antiga adega, tras a xubilación da súa nai en 2019.

    Conta con 2 hectáreas de viñedo repartidas pola subzona de Amandi, que producen unhas 20.000 botellas ao ano. Actualmente, está a replantar antigas parcelas.

    A culminación da viticultura heroica vívese coa vendima da uva. Ladeiras escarpadas que poden chegar a pendentes dun 80-85%, fan das tarefas de vendima unha verdadeira proeza, onde os viticultores levan as uvas polas ladeiras que rodean os canóns do río Sil onde están os seus viñedos.

    Unha vez na adega, os racimos son desrapados e a uva aprétase lixeiramente para non romper o gran do racimo. A continuación condúcese aos tanques de maceración onde se fermenta a unha temperatura de 22º a 23º. Facendo un descube cedo, ás veces sen rematar a fermentación para conseguir un viño máis vermello e con aromas máis afroitados.

    É imposible saber valorar o traballo se non coñece de preto o entorno do que procede e as características especiais que require a súa produción. Ademais de que hai moitas horas de traballo e dedicación nestes viñedos para poder obter un viño de máxima calidade.

    Denominación de orixe
    Ubicación
    Información de Contacto
    Ubicación
    Carro