Descrición da adega

    Esta adega fundouse no ano 1989 e, aínda que comezou como conselleiro do Viño de autor, Francisco Dovalo López (chamado Paco) xa levaba toda unha vida elaborando viño na casa que herdou dos seus antepasados. A adega está situada nesta casa labrega construída en 1834.

    Pertencen á D.O Rías Baixas desde hai uns 25 anos, exactamente dende 1994.

    Teñen unha produción de 16.000 litros de viño ao ano.

    Este viño caracterízase porque se elabora moi lentamente e moi artesanalmente (como se facía antigamente). Por iso, Rubén (o fillo de Paco) non engade lévedos (para non maduralos antes), xa que é moi importante que respecte o ritmo do proceso de cada viño.

    A adega ten vellas viñas de albariño de máis de 150 anos que foron as nais de tódaslas súas plantacións. Preto do edificio da adega, ten unha vide de 1 metro de diámetro.

    Podes visitar os seus viñedos.

    Denominación de orixe
    Ubicación
    Información de Contacto
    Ubicación
    Carro