Adega Quinta do Avelino

Adega Quinta do Avelino foi fundada por Avelino e inicialmente chamábase Adegas Parente García. Atópase na localidade das Chavolas, no concello de Cenlle, nunha casa que data de 1943 na que residía o propio Avelino. 

Tomando as rendas do seu avó e fundador da adega, en 2004 Ángel e o seu pai decidiron chamala Quinta do Avelino, en homenaxe a el.

Agora Ángel transformou a antiga adega nun museo, unha sala de catas e unha exposición de viños. 

Contan con 9 parcelas cun total de 3Ha, todas elas situadas preto da adega.

As variedades de uva que recollen son Treixadura, Albariño e Loureira. E plantaron novas cepas das variedades Caíño Longo, Ferrón e Sousón. 

En canto aos seus viños, seguen elaborando o que sempre elaboraron “Quinta do Avelino” e dende 2017 suman á produción “Quinta do Avelino-1923”.

Este mozo viticultor incorporou recentemente un viño novo, elaborado en barrica.

Algúns dos seus premios son: 

Edición Gran Oro 2017 na Guía de Viños de Galicia co seu viño da vendima Quinta do Avelino 2015 

Acio de Ouro 2010 ao Viño Colleiteiro Blanco na XXIII Cata dos Viños de Galicia 

Acio de Plata 2009 ao Viño Branco Colleiteiro na XXII Cata dos Viños de Galicia 

Terceiro Premio Cosecha 2009 Viño Branco Colleiteiro 

Primeiro Premio Colleiteiros Brancos na XLVI Feira do Viño DO Ribeiro 

Acio de Bronce 2008 ao Viño Branco Colleiteiro na XXI Cata dos Viños de Galicia 

Primeiro Premio Blanco Colleiteiros na XLIV Feira do Viño DO Ribeiro

Quinta do Avelino 

É un viño monovarietal 100% Treixadura, protexido polo DO Ribeiro

Ten unha cor amarela palla moi brillante.

Cunha graduación alcohólica de 13%. 

Ideal para acompañar peixes, mariscos e todo tipo de delicadas viandas. 

A temperatura de servizo axeitada está entre 8º e 10º. 

Quinta do Avelino 1923 

É un Ribeiro multivarietal elaborado con 90% da variedade Treixadura, 5% da variedade Loureira e 5% da variedade Albariño. 

Ten unha cor amarela palla con tons verdosos, moi brillante. 

Cunha graduación alcohólica de 13,5%. 

Ideal para levar con todo tipo de peixes, mariscos e queixos, tamén con carnes brancas.

A temperatura de servizo axeitada é de entre 8 e 10º. 

Mercar agora Quinta do Avelino

Comentarios

mood_bad
  • Aínda non hai comentarios.
  • chat
    Engade un comentario
    Carro