Adega Altos de Cristimil

Altos de Cristimil é unha empresa familiar especializada na elaboración de viños Albariño de máxima calidade e cun importante grao de diferenciación, sendo moi marcada a orixe das uvas e a forma de elaborar o viño.

Durante máis de 100 anos producen viños e augardentes de xeito tradicional con resultados excepcionais e moi recoñecidos, obtendo numerosos premios e distincións.

No ano 2007 inauguraron a nova adega equipada con tecnoloxía de última xeración.

Os tanques de aceiro inoxidable de alta calidade, a prensa neumática, os equipos de estabilización, etc. dan unha idea da calidade do material co que traballan na adega.

A adega cultiva a viña da forma máis respectuosa posible.

Traballan a terra e respectan a flora e a fauna beneficiosas para o viñedo.

En canto á vendima, seguen facéndoa manualmente, seleccionando as uvas no propio viñedo, controlando a calidade en orixe.

En Altos de Cristimil elaboran finos e elegantes albariños que reflicten á perfección o seu lugar de orixe.

Uns viños que están lonxe dos clásicos albariños galegos. A súa diferenza fundamental radica na selección das uvas e no prensado, utilizando só o primeiro mosto que se obtén ou “mosto de flores” no segundo viño.

Altos de cristimil – Etiqueta Negra

Unha selección de uvas das mellores e singulares parcelas da adega danlle carácter a este viño albariño.

É un viño amarelo pálido, con tons verdes.

Ten unha graduación alcohólica do 13%.

Ideal para tomar con carne (porco ou tenreira), arroces ou pratos de pasta e con queixos cremosos.

Altos de cristimil – Etiqueta Blanca

Este viño é 100% Albariño.

É un viño limpo e brillante, amarelo pajizo, dourado, con destellos verdosos.

Ten unha graduación alcohólica do 13%.

Ideal para tomar con marisco e peixe galego.

Mercar agora Altos de Cristimil

Comentarios

mood_bad
  • Aínda non hai comentarios.
  • chat
    Engade un comentario
    Carro