Descrición da adega

    Adega Pombal a Lanzada, está situada na terra do Albariño e desde ela pódese ver a praia da Lanzada e a marabillosa Ría de Arousa. É unha adega cuxa orixe, como a de moitos veciños da zona, está baseada nas bateas. Non obstante, forxouse a súa vinculación cos viñedos, a terra e o mundo do viño, primeiro elaborando viño para o seu propio consumo, e en 2010 comercializando a súa primeira vendima.

    No 2012 é cando nacen os seus viños; Arcan 2012 e As Bateas 2012, elaborados exclusivamente con uvas propias. Tiñan pouca produción e esgotáronse rápidamente.

    Un pouco máis tarde, en 2014, tódalas súas explotacións comezaron a funcionar de forma ecolóxica e a partir desa data engadiron dous novos viños: Mytilus Albariño e Mytilus tinto.

    Ademais, produciron un exquisito viño espumoso de tres fincas próximas á súa adega chamada Burbullas das Bateas, que destaca pola súa finura e a súa capacidade para envellecer.

    Denominación de orixe
    Ubicación
    Información de Contacto
    Ubicación
    Carro