Descrición da adega

    É unha pequena empresa que afronta o reto de dar continuidade á tradición familiar de Ramón Padín Chaves, coñecido como “O Perello” porque era moi de festa (de aí o nome da adega), na produción de viño albariño. Ramiro, o seu fillo é o actual propietario, desde 1987, seguindo a tradición vitivinícola.

    O significado de Perello é un "ser fantástico, divertido, inofensivo e trasno burlón". Dicíase que era un trasno que entraba nas casas e desordenaba as cousas. Por este motivo deixaban grans de millo e trigo diante das portas para que os cambiase de sitio e así non entrase a facer travesuras dentro das casas.

    A filosofía da adega é seguir elaborando viño de xeito tradicional, combinando coa axuda de novas técnicas, co único obxectivo de mellorar a calidade do produto.

    O 100% das uvas coas que se elabora o viño O Perello recóllense nos seus propios viñedos, que xunto co coidado das plantas e os seus froitos, así como a colleita no seu nivel óptimo, combinan as condicións ideais para a elaboración dun viño de máxima pureza.

    Teñen unha produción de 7000 a 8000 litros ao ano, aínda que a adega ten capacidade para 27000 litros.

    Nesta adega teñen unha vella vide datada do ano 1929.

    Denominación de orixe
    Ubicación
    Información de Contacto
    Ubicación
    Carro